Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 5/2012.

Actividade: nave industrial destinada ao envasado e almacenaxe de produtos de limpeza e hixiene industrial.

Situación: parcela H-18 do parque empresarial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Productos Químicos Bergantiños, S.L., representada por Isidro Varela Bardanca.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 24 de xaneiro de 2012.

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde