Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Frades

ANUNCIO de información pública sobre delimitación de solo de núcleo rural.

Este concello dispuxo o comezo do expediente de delimitación de solo de núcleo rural, situado no lugar de Fraga-Santaia de Moar deste municipio.

De acordo co establecido na disposición adicional segunda da vixente Lei 2/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, referida a núcleos rurais de municipios sen planeamento, o expediente exponse a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, para efectos de posibles observacións ou reclamacións.

Frades, 23 de decembro de 2011.

Jesús Miguel Prado Patiño
Alcalde