Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6633

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

LICITACIÓN polo procedemento aberto multicriterio do contrato non harmonizado das obras de urbanización da 1.ª fase do proxecto sectorial do parque empresarial de Verín.

Promotor: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Órgano de contratación: Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

Orzamento total: 2.379.394,24 euros, IVE Incluído.

Clasificación do contratista:

Grupo: G; subgrupo: 6; categoría: d.

Criterios de adxudicación:

Proposta económica: 60 puntos.

Proposta técnica: 40 puntos.

O prego de condicións, contrato tipo, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., sitas na rúa Curros Enríquez n.º 1, 8.º de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e na páxina web de Xestur Ourense, S.A. (www.xesturourense.com) a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación exixida para concursar, conforme establece o prego de condicións, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A. antes das 14.00 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ou o seguinte día laboral en caso que coincida sábado, domingo ou festivo. Non se admitirá a presentación de ofertas por correo.

A apertura de proposicións económicas efectuarase ás 10.00 horas do trixésimo sexto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ou o seguinte día laboral en caso de que coincida sábado, domingo ou festivo, na sala de xuntas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.

Este anuncio tamén se publicará no perfil do contratante no enderezo:

www.xesturourense.com

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de febreiro de 2012.

Ricardo Valencia Hentschel
Presidente de Xestión Urbanística de Ourense, S.A.