Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (877/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 877/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lino Teixeira Cabral contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Lino Teixeira Cabral, contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 20 de xullo de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución (25.11.2011) ao ter sido cerrada a anterior entidade, condenando a entidade Técnica Instalaciones Coruña, S.L., e a súa administración concursal ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 8.033,28 euros, más ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e esta resolución, cuantificados a razón de 44,63 euros diarios, e polo tanto 5.712,55 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtelle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este na Coruña o trinta e un de xaneiro de dous mil doce.

A secretaria