Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6302

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (44/2011).

Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, mediante este anuncio:

No procedemento ordinario 707/10 seguido por instancia de Ca Na Negreta, S.A., fronte a Editugas-Construcoes, S.A. (Editugas), ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, estimando integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Pérez Estévez en nome e representación da mercantil Ca Na Negreta, S.A., fronte á mercantil Editugas Construcoes, S.A., con CIF A36452787, declarada en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 16.836,18 euros (dezaseis mil oitocentos trinta e seis euros con dezaoito céntimos), máis os xuros previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, desde o momento da remuneración de cada pagamento ata a data da sentenza e o procesual desde a data da sentenza e ao aboamento das costas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se preparará por escrito ante este xulgado.

A admisión do devandito recurso exixirá que no momento de preparalo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado (n.º 4856 0000 04 0707 10) o que deberá ser acreditado fidedignamente, sen cuxo requisito non se admitirá o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E estando o devandito demandado, Editugas-Construcoes, S.A. (Editugas), en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma a aquel.

Tui, 15 de xullo de 2011.

A secretaria xudicial