Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña

EDICTO de procedemento ordinario 1092/2009-G.

Sandra Rosa Pérez Gómez, secretaria do Xulgado do Mercantil número un da Coruña, hago saber que nos autos de procedemento ordinario que se tramitan neste xulgado baixo o número 1092/2009-G por instancia de Neira & Ortegal, S.L., representado polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera contra Eduardo Lozao Vázquez, rebelde en ignorado paradoiro e contra José Manuel López Fernández representado pola procuradora Cristina Meilán Ramos, con data do 1 de setembro de 2011, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión que estimo, integramente, a demanda deducida pola mercantil Neira & Ortegal, S.L., representado polo procurador Sr. Lage Fernández asistida polo Sr. Crespo, contra Eduardo Lozao Vázquez, en situación procesual de rebeldía e, contra José Manuel López Fernández, representado pola Sra. Meilán Ramos asistido pola Sra. Míguez a quen, en consecuencia, debo condenar e condeno, solidariamente, os codemandados a aboar a demandante a cantidade de 12.303,84 euros, cifra que debe ser incrementada cos xuros legais desde a data desta demanda e incrementado en dous puntos desde a data da sentenza.

Todo iso con expresa imposición de custas ás codemandadas.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña –sección cuarta– que se deberá preparar perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Para a admisión do recurso, a parte recorrente deberá acreditar documentalmente ter constituído, no momento de preparación daquel, un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado».

E, para que sirva de notificación ao codemandado rebelde en ignorado paradoiro Eduardo Louzao Váquez expídese esta na Coruña o vinte e un de novembro de dous mil once.