Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6312

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (418/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 418/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e catro de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2, reforzo, da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 418/2009 seguidos por instancia de María del Carmen Ventureira Vila, que comparece por si mesma, contra a empresa Fernando Reyero, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece. A litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por María del Carmen Ventureira Vila, que comparece por si mesma, contra a empresa Fernando Reyero, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á parte demandante a suma de 2.676,34 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Reyero, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial