Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (322/2009).

Eu, María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento DEM 322/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Na Coruña o dez de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 322/2009 seguidos por instancia de Antonio Rodríguez Cancel e José Luis Mourelle Suárez, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Edificaciones Oriván, S.L., en rebeldía procesual, contra a empresa Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C. e o Fogasa, que non comparece. Está citado o administrador concursal de Edificaciones Oriván, S.L., Sebastián Lorenzo Viejo, que comparece, e a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Antonio Rodríguez Cancel e José Luis Mourelle Suárez, representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Edificaciones Oriván, S.L., en rebeldía procesual, contra a empresa Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C. e o Fogasa, que non comparece, estando citado o administrador concursal de Edificaciones Oriván, S.L., Sebastián Lorenzo Viejo, que comparece, debo condenar e condeno a demandada Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C. a lle aboar ao Sr. Rodríguez a cantidade de 4.675 euros e ao Sr. Mourelle a cantidade de 4.537,50 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. O recorrente que non teña a condición de traballador, habentes causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito, na conta de depósitos e consignacións correspondentes ao órgano que ditou a resolución impugnada, a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Rodríguez y Bocija, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial