Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivo da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia dos expedientes OU-PF-254/2011 e OU-PF-297/2011.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo que se achega a resolución de arquivo da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana núm. 79, 2.º, 32003 Ourense.

De acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 30 de xaneiro de 2012.

Luis Juan Ortiz Álvar
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-PF-254/2011.

NIF: 34980379R.

Interesada: Xoana Fernández Pérez.

NIF: 76707792D.

Interesado: Carlos Javier Rodríguez Romero.

Enderezo: rúa Río Deva, núm. 1 A, 2.º D, Ourense.

Número de expediente: OU-PF-297/2011.

NIF: 45600928R.

Interesada: Virginia Castillo Donaire.

NIF: 44464887E.

Interesado: Servando Novoa Fraguas.

Enderezo: rúa do Cruceiro, núm. 7, Laza.