Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG n.º 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome: Gabín Viveiro, S.L. (M.ª Jesús Docal Parapar).

DNI/NIF: 76569364.

N.º de expediente: LU-E 361/11.

Precepto infrinxido: 26.e) L.O. 1/1992.

Último docimicilio: r/ Xunqueira n.º 4, 4.º Viveiro.

Posible sanción: ata 300 euros.