Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1064/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1064/2008, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte e sete de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 21/2009 seguidos por instancia de Ángel Dopazo Louzao, representado polo letrado Sr. Fernández Veiga, contra a empresa Filtros Atlántico, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece. A litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Ángel Dopazo Louzao, representado polo letrado Sr. Fernández Veiga, contra a empresa Filtros Atlántico, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 4.712,76 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 E.T. Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Filtros Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o doce de xaneiro de dous mil doce.

A secretaria xudicial