Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6307

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1083/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1083/2008, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o vinte e seis de decembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2, reforzo, da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 86/2009 seguidos por instancia de Enrique González de Heredia y Oñate, representado polo letrado sr. Páramo Sureda, contra a empresa Javier López Enríquez y otro, S.C., e a empresa Javier S. López Enríquez e Hijos, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece. A litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente la demanda formulada por Enrique González de Heredia y Oñate, representado polo letrado sr. Páramo Sureda, contra a empresa Javier López Enríquez y otro, S.C., e a empresa Javier S. López Enríquez e Hijos, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 5.595,36 euros incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Javier López Enríquez y otro, S.C., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial