Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 204/2007).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Muíños.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión a C.T. Muíños, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,543 km, coa orixe na L.M.T.A. PMR-814 Corrubedo en apoio n.º 53/43, condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1×240) Al, e final no C.T. Muíños (proxectado).

Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,800 km, coa orixe no C.T. Muíños (proxectado), condutor tipo XZ1. Concello de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial