Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa da planta de biogás de Sogama, concello de Cerceda (expediente IN408A 7/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente).

Domicilio social: Morzós, 10 baixo, As Encrobas, 15187 Cerceda.

Denominación: repotenciación da planta de biogás de Sogama.

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

Repotenciación dos tres grupos motor-xerador de biogás, pasando de 756 kWe a 900 kWe, mediante a sustitución dos pistóns Triflow, chorros de refrigeración e axustes no acendido.

Instalación dun cuarto grupo motor-xerador Guascor SFGLD560 4/90/55, alternador síncrono Leroy Somer LSA 50 L8 920 kWe, sistema de refrixeración térmica, equipamento de protección e control.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial