Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de actuacións no contorno da Porta de Santiago na Muralla de Lugo, fase 3B, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo, na actualidade Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 109, do 8 de xuño de 2011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de actuacións no contorno da Porta de Santiago na Muralla de Lugo. Fase 3B: obras complementarias para o remate da musealización, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 197.948,16 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2011.

c) Contratista: Diseño y Construcción, S.A.

d) Importe de adxudicación: 168.651,83 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

P.D. (Orde 10.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria