Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 12/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. lugar do Loureiro.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,318 km, coa orixe e final na L.M.T.S. SPV-701 tramo entre o C.T. Loureiros (expediente 52.850) e o C.T. Entrecasas (expediente 302/2006), en condutor tipo R.H.Z.1-OL-3×1×240 mm².

Centro de transformación en edificio, cunha potencia de 400 kVA relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial