Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 296/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: Nicaragua 10-3.º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Novo CCM Froxo-parque empresarial.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV cunha lonxitude de 3,576 km, condutor tipo R.H.Z.1 OL-12/20kV-3(1×240 AI), con orixe na cela de liña do CCM Froxo e final na cela de liña no C.T. polígono n.º 1.

L.M.T.S. a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,499 km, condutor tipo R.H.Z.1 OL-12/20kV-3(1×240 AI), co orixe na cela de liña do CCM Froxo e final na cela de liña existente no C.T. Rechousa (expediente 332/01).

Cela de liña no C.T. Rechousa, onde finalizará unha das liñas proxectadas procedente do CCM Froxo. Concello da Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial