Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2011/71).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio: rúa José Ángel Valente, n.º 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Tobar.

Situación: concello do Pino.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 407 m, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240Al), con orixe no C.T. Arca II (expediente 189/2011) que realiza entrada e saída no C.T. Tobar proxectado e final no C.T. urbanización Santa Eulalia, bloque A existente (expediente 117/2008).

Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea con dous circuítos de 146 m de lonxitude total en condutores tipo XZ1-0,6/1 kV-4 (1×240 Al) e XZ1-0,6/1 kV-4 (1×95 Al).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117 do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial