Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2011/331).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20, 15129 Vimianzo.

Denominación: retranqueo L.M.T. Casais-Pasarela entre os apoios 13 e 14.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

Recuamento da liña aérea existente L.M.T. Casais-Pasarela (expte.: 51.500) a 20 kV no tramo entre os apoios n.º 13 e 14, pola construción dun viaduto da autovía Baio-Berdoias, mediante a instalación dunha liña soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, en condutor R.H.Z.1-2OL-18/30 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no apoio n.º 13 para substituír (coordenadas UMT, X: 496.559, 4.775.390) e final no novo apoio n.º 13B (coordenadas UTM, X: 496.555; Y: 4.775.466) que se colocará anterior ao apoio existente n.º 14, manténdose o actual trazado da liña aérea nos tramos anterior e posterior a zona de recuamento, no lugar de Gándara de Lamas, no concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe de Administración Industrial