Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2010/272-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: UTE Edar Esteiro.

Domicilio social: estr. de Madrid, 150 (km 5), 36318 Vigo.

Denominación: liña M.T. e centro de tranformación Edar Esteiro.

Situación: Pedreceiros N-550-Esteiro-Muros-A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada baixo tubo, 20 kV R.H.Z.1-12/20 kV 3(1×95 mm2) aluminio, 1.110 metros, con inicio en CS Somorto existente e remate en C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado tipo ormazábal PFU-4, celas de entrada, protección, medida, transformador aceite 20/0,42 kV, 160 kVA .

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 1 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña