Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 51/11 seguido contra Instalaciones Revigas, S.L., co CIF B84237114.

Notifícaselle ao denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita, e que na súa parte dispositiva di: «sancionar a Instalaciones Revigas, S.L. coa multa de 6.000 (seis mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».

O interesado dispón de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para presentar alegacións perante a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e dentro deste prazo pode examinar o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2.º andar (Reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 51/11.

Denunciada: Instalaciones Revigas, S.L.

Infracción: artigo 31.2 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE n.º 176, do 23 de xullo).