Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2012 Páx. 6408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2012, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente número 27.042/11.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, n.º 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

Beatriz Penas Enríquez
Xefa do Servizo Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.042/11.

Interesado: World Learning Software, S.L.

NIF: B-15946122.

Acto notificado: resolución de data 14 de decembro de 2011.