De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº. 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 6 de febreiro de 2012.
Beatriz Penas Enríquez
Xefa do Servizo Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: 27.001/12.
Interesado: Linjie Ye «Cosbeya».
NIF: X4916871-T.
Acto notificado: acordo de iniciación do 12 de xaneiro de 2012.