Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6257

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do cemiterio parroquial de Santo Estevo de Abelleira.

Isaac Nión Patiño, en nome do Arcebispado de Santiago de Compostela, solicita licenza para ampliación do cemiterio parroquial de Santo Estevo de Abelleira, nunha parcela de 1.755 m2 anexa ao actual cemiterio, situado no lugar de Priegue, parroquia de Abelleira, con suxeición ao anteproxecto técnico elaborado polos arquitectos Cristian Marcos Álvarez e Mónica Lourido Vázquez, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 7 de xullo de 2011 (expediente 382/11).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Muros, 18 de xaneiro de 2012.

Caridad González Cerviño
Alcaldesa