Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do cemiterio parroquial de Louro.

Humberto Jesús Castro Formoso, cura párroco de Santiago de Louro, solicita licenza para ampliación do cemiterio parroquial de Louro, nunha parcela de 736,70 m2 próxima ao actual cemiterio, situado na parroquia de Louro, con suxeición ao anteproxecto técnico elaborado polo arquitecto José Lorenzo Crespo Rama, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 7 de xullo de 2011 (expediente 390/11).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, no Servizo de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Muros, 19 de xaneiro de 2012.

Caridad González Cerviño
Alcaldesa