Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de febreiro de 2012 pola que se notifica a resolución de ampliación de prazo para resolver, no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/134/2010, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do interesado.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 17 de xaneiro de 2012, ditou resolución pola que se amplía, por un período de seis (6) meses, o prazo para resolver o procedemento de reposición da legalidade urbanística número IU2/134/2010, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa de tipoloxía residencial e tres edificacións auxiliares, no lugar do Nabalexo, parroquia de Salcedo, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Luis Trassierra Fernández, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Comunícolle que os acordos sobre ampliación de prazos non son susceptibles de recurso, de conformidade co disposto polo artigo 42.6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística