Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2012, do presidente do ente público Portos de Galicia, pola que se somete a información pública a modificación da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán.

O ente público Portos de Galicia elaborou a modificación da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sada-Fontán (A Coruña) en cumprimento do artigo 70 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas; para isto dispoñen do prazo de 45 días que se contará a partir da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, n.º 5 A, 6.º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avda. Alférez Provisional, 5, 1.º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de pregos e documentos.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia