O instrutor do expediente sancionador, o día 10 de xaneiro de 2012 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/44-0, incoado polas obras consistentes na execución de grandes movementos de terras, recheos, muros de contención e canalizacións de augas, con destrución de masa arbórea existente e alteración da topografía natural dos terreos, construción de tres edificacións destinadas a usos residenciais, dunha pista de tenis, dunha piscina, dunha edificación destinada a cortes de cabalos, dunha edificación con tipoloxía de nave industrial e apertura de novos camiños e dunha pista de acceso pola parte sur do predio, no lugar de Penaloureira, parroquia de Rutis, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Santiago Roberto Sánchez Marín e a Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita proposta.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para formularen alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulgue pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística