Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/44-0, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O instrutor do expediente sancionador, o día 10 de xaneiro de 2012 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/44-0, incoado polas obras consistentes na execución de grandes movementos de terras, recheos, muros de contención e canalizacións de augas, con destrución de masa arbórea existente e alteración da topografia natural dos terreos, construción de tres edificacións destinadas a usos residenciais, dunha pista de tenis, dunha piscina, dunha edificación destinada a cortes de cabalos, dunha edificación con tipoloxía de nave industrial e apertura de novos camiños e dunha pista de acceso pola parte sur do predio, no lugar de Penaloureira, parroquia de Rutis, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta aos herdeiros de Miguel González Labra, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para formularen alegacións e presentarlles os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística