Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2012 pola que se dá publicidade ás axudas reguladas na Orde do 9 de marzo de 2011 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).

Mediante a Orde do 9 de marzo de 2011, da Consellería do Medio Rural, convocáronse as axudas destinadas ao fomento en Galicia de sistemas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 56 do luns, 21 de marzo).

Así mesmo, no artigo 10 na liña 11 da dita orde, dispón: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural».

Vista a proposta de resolución desta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, con data do 27 de xaneiro, o secretario xeral de Medio Rural e Montes resolveu as citadas axudas no sentido seguinte:

«Primeiro. Concederlles as axudas aos solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. Denegar as axudas aos solicitantes coa indicación do motivo no anexo II.

Terceiro. Aceptar os desistimentos formulados polos interesados indicados no anexo III e declarar concluso o procedemento.

Cuarto. Contra esta resolución, cabe interpor potestativamente, recurso de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Inclúense neste anuncio os anexos I, II e III da dita Resolución do 27 de xaneiro, do secretario xeral de Medio Rural e Montes.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria