Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2001/0001-0.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e o interesado pode formular contra elas recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa 1:

Empresa: Euteco, S.L.

Enderezo: Francisco Grande Covián, 2, Oviedo (Asturias).

Empresa 2:

Empresa: Excarpri, S.A.

Enderezo: polígono Promo-Granda, Siero (Asturias).

N.º expediente: 2001/0001-0.

Acta de infracción: 18/2001/2/H.

Data da resolución Consellería de Traballo e Benestar, 22 de novembro de 2011.

Preceptos infrinxidos: punto 10.c), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, e artigo 65 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene, aprobada pola Orde ministerial do 9.3.1971, en relación co previsto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas aéreas de alta tensión, e artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigo 48.8 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Sanción imposta: 48.080,97 €.