Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0030-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Advírteselle que, de non ser interposto o dito recurso en tempo e forma terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar nas dependencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Media Digital Planning, S.L.

Enderezo: Rolda de Outeiro, 64, 1.º de A Coruña.

N.º de expediente: 2011/0030-0.

Acta de infracción: 77685/2011/1/T.

Data resolución Dirección Xeral: 25 de novembro de 2011.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 15.000 €.