Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 325/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación do C.T. do instituto.

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas: adecuación e reforma do centro de transformación do instituto non prefabricado (expediente 27176), instalación de dous transformadores de 630 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial