Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 294/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20-B. 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. Francos Santa Catalina derivación ao C.T. Fontaíñas.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 93 m, con orixe no apoio da L.M.T. Francos Santa Catalina, n.º 36b HVH 15/3500, de nova execución, condutor tipo R.H.Z.1 20L-12/20 kV-3(1×240 Al) e final no CS Fontaíñas.

L.M.T.A. a 20 kV, cunha lonxitude de 12 m, con orixe no apoio da L.M.T. Francos Santa Catalina n.º 37 existente e final no n.º 36b HVH 15/3500, de nova execución, condutor tipo LA-56.

Instalación dunha nova cela de protección de saída da liña no CS Fontaíñas existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial