Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 89/11 BOD, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 29 de decembro de 2011, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 89/11 BOD, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Manuel Fernández Castro.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Manuel Fernández Castro o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, número 43, 1.º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de xaneiro de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 89/11 BOD.

Denunciado: Manuel Fernández Castro, con NIF 35537372A.

Último enderezo coñecido: A Igrexa, 3, Porto, 36458, Salvaterra de Miño.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 2 punto 2.2.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 3 e 5, capítulo I puntos 1.º, 2.º e 4.º e capítulo II punto 1.º do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 35 A), 1.ª e 2.ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e segundo o artigo 41 g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).