Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 538 sito en Barro, relativo ao proxecto 00815 (expediente 2010/001328).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1.º Notificar mediante a presente cédula a Manuel Rodríguez Mougán e outro o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio n.º 538 sito en Barro relativo ao proxecto 00815-Enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531, expediente 2010/001328, cuxos datos se relacionan no anexo.

2.º Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas tamén poderán interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3.º En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00815-Enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531. Clave: PO/O2/199.01.2.

N.º de expediente: 2010/001328.

Persoa que hai que notificar: Manuel Rodríguez Mougán e outro.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: Manuel Rodríguez Mougán e outro.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio n.º: 538.

Concello: Barro.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 1.307,54 €.