Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do 17 de novembro de 2011, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio n.º A-30 sito en Vigo (expediente 2010/000025).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Margarita Sanjurjo Curbera e outros o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 17 de novembro de 2011, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio n.º A-30 sito en Vigo relativo ao proxecto 01046 –Proxecto de expropiación da rúa Pedro Alvarado. Exp. 144/413–, expediente 2010/000025, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01046 –Proxecto de expropiación da rúa Pedro Alvarado. Exp. 144/413–.

N.º expediente: 2010/000025.

Persoa que hai que notificar: Margarita Sanjurjo Curbera e outros.

Expropiante: Concello de Vigo.

Expropiada: Eugenia Curbera Calderón e outros.

Beneficiario: Concello de Vigo.

Predio n.º: A-30.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado : 84.025,68 €.