Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública relativo a unha actividade de cordoaría e fabricación de artigos de materiais plásticos.

Solicitada a licenza de instalación da actividade de cordoaría e fabricación de artigos de materiais plásticos, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, na planta baixa de nave sita na parcela 29 da primeira fase do parque empresarial de Espiñeira, por J.J. Chicolino, S.L., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública polo termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 21 de xullo de 2011.

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde