Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de información pública sobre obras e actividade para a instalación dun heliporto que se situará no lugar de Ruibó (Lires) deste concello.

Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, con CIF: Q2867021D, solicitou deste concello a licenza municipal de obras e actividade para a instalación dun heliporto, que se situará no lugar de Ruibó (Lires) deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o devandito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e alegar o que consideren oportuno.

Cee, 23 de decembro de 2011.

Ramón Vigo Sambade
Alcalde