Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre instalación de taller de tratamento da pedra natural na rúa das Comunicacións-rúa dos Carpinteiros, parcela 97, subparcelas 1 e 14.

Marmolera Gallega, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de tratamento da pedra natural na rúa das Comunicacións-rúa dos Carpinteiros, parcela 97, subparcelas 1 e 14.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 19 de xaneiro de 2012.

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo