Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de información pública sobre a actividade de hotel-balneario na rúa Laureano Salgado número 11 deste termo municipal.

David Pereira Legeren, en representación de Balneario Hotel Davila, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de hotel-balneario na rúa Laureano Salgado n.º 11 deste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto+ 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Caldas de Reis, 19 de xaneiro de 2012.

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde