Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2011/333-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Barciademera, S.L.

Domicilio social: San Mauro 19, Barcia de Mera, 36873 Covelo.

Denominación: reforma L.M.T.A e C.T. no San Amaro.

Situación: Covelo.

Caracetrísticas técnicas: 330 metros de L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56, 25 metros subterráneos con condutor R.H.Z.1 de entrada ao C.T. (200 kVA) e reforma deste consistente no acondicionamento do edificio e na substitución da aparellaxe e as proteccións de alta tensión. A instalación está situada no lugar do San Amaro, Barcia de Mera, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra