Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello Ribeira (expediente IN407A 20/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Domicilio social: r/ Atalaya, s/n, 15970 e r/ Gasset, 28, 15940, respectivamente.

Denominación: nova posición de liña en 20 kV PES Barbanza na sub. Palmeira 66/20 kV.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: cela blindada de xerador DB tipo Nxplus cas súas proteccións asociadas e equipamentos de medida, onde remata a liña aérea subterránea de medida tensión a 20 kV de evacuación dos PES Barbanza (IN407A 48/2011).

Por Resolución do 12 de xaneiro de 2012, desta xefatura territorial (IN635A 275/2011) resolveuse que con base no criterio de mínimo custo para o sistema e da lexislación vixente, as autorizacións administrativas das instalacións de conexión dos parques eólicos singulares da Barbanza na subestación de Palmeira deberán tramitarse a nome dos concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal, aínda que ao estar instalada dentro da subestación de distribución a operación e o mantemento deberá realizalo Unión Fenosa Distribución, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial