Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de febrero de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se acorda ampliar o prazo de participación do público na proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia.

O luns 2 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia un anuncio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza polo que se acordaba someter á participación do público a proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia. O dito anuncio establecía o prazo dun mes contado a partir da publicación como período para a participación do público, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se considerasen directamente afectados puidesen remitir observacións e opinións mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

O documento coa nova proposta de lugares de importancia comunitaria (LIC) quedou á disposición do público para a súa consulta na páxina web da Consellería do Medio Rural, desde o día seguinte ao da súa presentación ao Parlamento de Galicia o día 21 de decembro de 2011, dando así inicio ao procedemento de ampliación da actual rede Natura 2000 en Galicia.

Desde a data da publicación do anuncio no DOG recibíronse un importante número de consultas de particulares, concellos e interesados diversos xunto coa solicitude de ampliación do prazo establecido para a participación por consideralo insuficiente para valorar adecuadamente a proposta.

Conforme o establecido no artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente,

ACORDO:

Ampliar o período de participación do público á proposta de ampliación da rede Natura 2000 de Galicia que se abriu mediante o Anuncio do 2 de xaneiro. O dito período de participación amplíase nun prazo dun mes, contado desde a publicación desta resolución, coa finalidade de que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados, poidan remitir observaciones e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico ampliacionnatura2000.cmr.santiago@xunta.es

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza