Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-00012-O-2012 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar a imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

XC-00012-O-2012

4836-DLW

Garda Civil

1502 W-04047-P

Feliciano Otero Amoedo

35233583-K

Bértola-Rial, 5

36141 Vilaboa

Pontevedra

Non levar inserido no tacógrafo a folla de rexistro ou tarxeta do condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e ao remate da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta do condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

11.11.2011; 8.30.00; AC-566; 13,700

Art. 140.22 LOTT,

Art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT,

Art. 201.1.h) ROTT

3.301 euros

XC-00014-O-2012

8085-FTT

Garda Civil

1500 R-76589-W

Ttes. Dorado Valex Ourense, S.L.

B32375321

Picouto, 4-B

32890 Barbadás

Ourense

Exceso de peso sobre a M.M.A. superior ao 15% en vehículos de máis de 20 t. Exceso de peso superior ao 24%.

14.11.2011; 17.18.00; AC-543; 0029,000

Art. 140.19 LOTT,

Art. 197.19 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT,

Art. 201.1.h) ROTT

3.886 euros

XC-02732-O-2011

0327-GKR

Garda Civil

1503 Z-07600-E

Lorenzo Agtrans, S.L.

B15936891

Pg. Pocomaco, parcela E 32

15190 A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro sen autorización.

4.11.2011; 11.20.00; N-651; 7,500

Art. 141.31 LOTT,

Art. 140.1.9 LOTT,

Art. 198.31 ROTT,

Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT,

Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

XC-02937-O-2011

3480-BNP

Garda Civil

1525 P11649-Z

Noe Rodríguez Méndez

44711359A

Lampón 330

15992 Boiro

A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro sen autorización.

24.10.2011; 18.02.00; AC-550; 106,500

Art. 141.31 LOTT,

Art. 140.1.9 LOTT,

Art. 198.31 ROTT,

Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT,

Art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros

XC-03085-O-2011

4501-DVB

Garda Civil

1504 I54077K

Mónica Rodríguez Cerqueiras

44808948A

Rúa do Buxo, Urb. Os Tilos U-8D-3.º D

15082 Teo

A Coruña

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta do condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista a obriga de levar no vehículo.

6.11.2011; 17.25.00; N-634; 693

Art. 140.24 LOTT,

Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT,

Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros

XC-03124-O-2011

5924-CLV

Garda Civil

1504 I-54077-K

Darriba Centro Logístico, S.L.

B15430515

Polígono Arco Iris, nave 8 este, s/n

15168 Sada

A Coruña

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta do condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista a obriga de levar no vehículo.

9.11.2011; 10.50.00; N-634, 0693,000

Art. 140.24 LOTT,

Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT,

Art. 201.1.g) ROTT

2.001 euros