Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6078

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2011 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2012.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2012, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 2810, no primeiro parágrafo do punto 4 do artigo 1, onde di: «As capturas accidentais fóra da tempada hábil de exemplares de menos de 40 cm e máis as capturas en tramos de pesca sen morte...», debe dicir: «As capturas accidentais, as capturas fóra da tempada hábil, as capturas de exemplares de menos de 40 cm e mais as capturas en tramos de pesca sen morte...».

Na páxina 2822, na disposición adicional terceira, onde di: «Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para modificar a normativa de coutos de pesca que figura no anexo XI desta orde...», debe dicir: «Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para modificar a normativa de coutos de pesca que figura no anexo X desta orde...».

No anexo VIII, páxinas 2833 a 2835, nos parágrafos correspondentes ao río Asma e afluentes, rego de Camporramiro, rego de Fondós e afluentes, e rego de Souto Varela e afluentes, onde di: «...desembocadura no encoro de Belesar...», debe dicir: «...desembocadura no encoro dos Peares...».

No anexo X, na táboa da provincia de Lugo, páxinas 2840 e 2841, no couto da Pontenova, lotes 4 (O Cairo) e 5 (Pedrido), e mais no couto de San Tirso, lotes 2 (Estreitos) e 3 (Louredal), onde di: «Pesca sen morte», debe dicir: «Salmón».

No anexo X, na táboa da provincia de Ourense, páxina 2844, no número de permisos do couto do Carballiño, onde di: «72», debe dicir: «60»; onde di: «140», debe dicir: «90»; onde di: «60», debe dicir: «50», e onde di: «125», debe dicir: «75».

No anexo X, na táboa da provincia de Pontevedra, páxina 2847, onde di:

Tea

Mondariz- tramo 1

Mondariz

Lugar de Foxaco ou desembocadura do río Pequeno

Presa do Val

2,4

Troita

21

8

7

7

Tea

Mondariz- tramo 2

Mondariz e Mondariz-Balneario

Presa do Val (Mondariz)

Final do Paseo de Mondariz-Balneario

2,9

Pesca sen morte

4

4

Debe dicir:

Tea

Mondariz-tramo 1

Mondariz

Lugar de Foxaco ou desembocadura do río Pequeno

Presa do Val

2,4

Troita

21

8

7

7

Tea

Mondariz- tramo 2

Mondariz

Presa do Val

Ponte da Poeira

0,3

Tramo vedado

Tea

Mondariz-tramo 3

Mondariz e Mondariz-Balneario

Ponte da Poeira (Mondariz)

Final do Paseo de Mondariz-Balneario

2,6

Pesca sen morte

4

4

No anexo XI, na táboa da provincia de Lugo, páxina 2851, na segunda das vedas do río Cabe, en Monforte de Lemos, onde di: «Afluentes», debe dicir: «Afluentes, agás o río Seco».

No anexo XI, na táboa da provincia de Lugo, páxina 2853, debe suprimirse a veda do río Seco, na Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

No anexo XI, na táboa da provincia de Pontevedra, páxina 2857, debe suprimirse a segunda das vedas do río Tea, en Mondariz e Mondariz-Balneario.

No anexo XI, na táboa da provincia de Pontevedra, páxina 2857, na terceira das vedas do río Tea, en Mondariz e Ponteareas, onde di: «250 m augas abaixo do final do paseo de Mondariz-Balneario», debe dicir: «Pasos de Porta Vilar».

Na páxina 2859, anexo XII, réximes especiais da provincia de Ourense, no punto correspondente ao río Arenteiro, onde di: «No tramo 1 do couto do Carballiño, a tempada de pesca finalizará o 30 de xuño», debe dicir: «Nos tramos 1 e 3 do couto do Carballiño, a tempada de pesca finalizará o 30 de xuño».

Na páxina 2860, anexo XII, réximes especiais da provincia de Ourense, debe suprimirse o punto correspondente ao río Limia, couto de Ponteliñares.

Na páxina 2861, anexo XII, réximes especiais da provincia de Pontevedra, no punto correspondente ao río Ulla, onde di: «Do 1 de maio ao 15 de agosto poderase utilizar xorra no tramo comprendido entre a ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures...», debe dicir: «Do 1 de maio ao 31 de xullo poderase utilizar xorra no tramo comprendido entre a ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures...».