Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6077

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Decreto 53/2012, do 19 de xaneiro, polo que se modifica a ordenación urbanística provisional do termo municipal de Sada (A Coruña) establecida polo Decreto 29/2006, do 16 de febreiro, polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal de Sada, previamente modificada polo Decreto 193/2008, do 28 de agosto.

Advertido erro na referida disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 4310, no punto catro, letra a), onde di:

«Parcela mínima edificable:

– No ámbito da ordenanza 9: 300 metros cadrados.

– No ámbito das ordenanzas 10, 11 e 12: 872 metros cadrados».

Debe dicir:

«Parcela mínima edificable:

– No ámbito da ordenanza 9: 300 metros cadrados.

– No ámbito da ordenanza 10: 600 metros cadrados.

– No ámbito das ordenanzas 11 e 12: 872 metros cadrados».