Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo que se indica, expediente 301/12.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Domicilio: edificio de Xerencia-servizos centrais Campus das Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 35 56.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 301/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: soporte para a implantación das actividades definidas na folla de ruta para a internacionalización do proxecto do Campus do Mar.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de ejecución/entrega:

1) Enderezo: Campus Universitario das Lagoas-Marcosende.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA: 74.90.1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 140.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 140.000 euros. Importe total: 165.200 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

Complementaria: dun 5% (que incrementará a definitiva cando o adxudicatario estivese incurso inicialmente en presunción de oferta anormal ou desproporcionada).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican nos números 11 e 12 da folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural siguiente ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: edificio de Xerencia-servizos centrais-baixo. Praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende

3) Localidade e código postal: Vigo 36310.

4) Correo electrónico: xscont@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: edificio de Xerencia e servizos centrais-2.º andar. Praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outra información: este servizo é financiado polo Ministerio de Educación-Programa CEI.

Vigo, 9 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo