Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 3 de novembro de 2011 que fixa o prezo xusto do predio número 24-0 sito en Bóveda, relativo ao proxecto 00803-Corredor Sarria-Monforte de Lemos. Treito: Noceda-A Áspera. Clave LU/03/007.01.2 (expediente 2010/001193).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Jesús Sarmiento Carril o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 3 de novembro de 2011, que fixa o prezo xusto do predio número 24-0 sito en Bóveda, relativo ao proxecto 00803-Corredor Sarria-Monforte de Lemos. Treito: Noceda-A Áspera. Clave: LU/03/007.01.2 (expediente 2010/001193), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición, impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Manuel González Sarria
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00803-Corredor Sarria-Monforte de Lemos. Treito: Noceda-A Áspera. Clave: LU/03/007.01.2.

N.º expediente: 2010/001193.

Persoa que se notifica: Jesús Sarmiento Carril.

Expropiante: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.

Expropiado: Jesús Sarmiento Carril.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.

Predio n.º: 24-0.

Concello: Bóveda.

Provincia: Lugo.

Valoración resolución do xurado: 437,41 euros.