Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3).

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria do 27 de decembro de 2011 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. A aprobación inicial do Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3).

2. Sometelo ao trámite de información pública por un prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión na provincia.

3. Simultaneamente, notificar individualmente a todas as persoas propietarios dos terreos afectados».

Durante o prazo indicado contado desde a última publicación que se realice, poderá ser examinado o documento e poderán formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Culleredo, 13 de xaneiro de 2012.

P.D. (Resolución do 22.6.2011, BOP número 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo